Un grupo de persoas de distintos ámbitos da Galicia, diante  da eclosión do fascismo, pensamos que son horas de tecer amplas unidades, horas de converxencia antifascista, de xenerosidade e altura de miras.     O fascismo é a ferramenta que historicamente empregou a burguesía en momentos de profundas crises do capitalismo, para facer fronte ás loitas populares. Contrariamente ao relato oficial, no noso país o fascismo non finalizou coa morte na cama do ditador, que gobernou con man de ferro desde o triunfo do golpe de estado do 18 de xullo de 1936.     Desta urxente necesidade histórica as persoas asinantes impulsamos a creación da  Plataforma Antifascista Galega . Un espazo plural, inclusivo e transversal que, sen excluír ninguén, e co denominador común de combater o fascismo, tenta de aglutinar un mosaico de forzas e organizacións políticas e sociais, e cuxos obxectivos  son:     1º-  Denunciar  e  alertar  sobre a  ameaza fascista  e o ...
- Obtener enlace
 - X
 - Correo electrónico
 - Otras aplicaciones