Manifesto pola constitución da Plataforma Antifascista Galega
Un grupo de persoas de
distintos ámbitos da Galicia, diante da eclosión do fascismo, pensamos
que son horas de tecer amplas unidades, horas de converxencia antifascista, de
xenerosidade e altura de miras.
O
fascismo é a ferramenta que historicamente empregou a burguesía en momentos de
profundas crises do capitalismo, para facer fronte ás loitas populares.
Contrariamente ao relato oficial, no noso país o fascismo non finalizou coa
morte na cama do ditador, que gobernou con man de ferro desde o triunfo do
golpe de estado do 18 de xullo de 1936.
Desta
urxente necesidade histórica as persoas asinantes impulsamos a creación
da Plataforma Antifascista
Galega. Un espazo plural, inclusivo e transversal que, sen excluír ninguén,
e co denominador común de combater o fascismo, tenta de aglutinar un mosaico de
forzas e organizacións políticas e sociais, e cuxos obxectivos son:
1º- Denunciar e alertar sobre a ameaza fascista e o seu proxecto
oligárquico e antipopular.
2º-
Derrogar as diversas normativas que propician o
avance do fascismo: Lei de Amnistía, Lei mordaza, .........
3º- Mobilizar o pobo traballador
galego contra esta ofensiva reaccionaria, e na defensa dos dereitos e
conquistas laborais e sociais ameazadas.
4º- Disputar a hexemonía cultural e ideolóxica entre
os sectores populares.
Non
pasarán!
Galicia, 30 de
maio de 2020
Manifesto pola constituiçom da Plataforma Antifascista Galega
Um grupo
de pessoas de distintos ámbitos de Galiza, diante da eclosom do fascismo,
pensamos que som horas de tecer amplas unidades, horas de convergência
antifascista, de generosidade e altura de miras.
O
fascismo é a ferramenta que historicamente empregou a burguesia em momentos de
profundas crises do capitalismo, para fazer frente às luitas populares.
Contrariamente
ao relato oficial, no nosso país o fascismo nom finalizou com a morte na cama
do ditador, que governou com mao de ferro desde o triunfo do golpe de estado do
18 de julho de 1936.
Desta urgente
necessidade histórica as persoas assinantes impulsionamos a criaçom da Plataforma Antifascista Galega. Um
espaço plural, inclusivo e transversal que, sem excluír ninguém, e com o
denominador comum de combater o fascismo, tenta aglutinar um mosaico de forças
e organizaçons políticas e sociais, e cujos objetivos som:
1º- Denunciar e alertar sobre a ameaça fascista e o seu projeto
oligárquico e antipopular.
2º-
Derrogar as diversas normativas que propiciam o avanço do fascismo: Lei de Amnistia, Lei mordaça, .........
3º- Movimentar o povo trabalhador galego
contra esta ofensiva reacionária, e na defesa dos direitos e
conquistas laborais e sociais ameaçadas.
4º- Desputar a hegemonia cultural e ideológica entre
os setores populares.
Nom passarám!
Galiza, 30 de maio de 2020