Manifesto pola constitución da Plataforma Antifascista Galega


Un grupo de persoas de distintos ámbitos da Galicia, diante  da eclosión do fascismo, pensamos que son horas de tecer amplas unidades, horas de converxencia antifascista, de xenerosidade e altura de miras.

O fascismo é a ferramenta que historicamente empregou a burguesía en momentos de profundas crises do capitalismo, para facer fronte ás loitas populares. Contrariamente ao relato oficial, no noso país o fascismo non finalizou coa morte na cama do ditador, que gobernou con man de ferro desde o triunfo do golpe de estado do 18 de xullo de 1936.

Desta urxente necesidade histórica as persoas asinantes impulsamos a creación da Plataforma Antifascista Galega. Un espazo plural, inclusivo e transversal que, sen excluír ninguén, e co denominador común de combater o fascismo, tenta de aglutinar un mosaico de forzas e organizacións políticas e sociais, e cuxos obxectivos son:

1º- Denunciar e alertar sobre a ameaza fascista e o seu proxecto oligárquico e antipopular.

2º- Derrogar as diversas normativas que propician o avance do fascismo: Lei de Amnistía, Lei mordaza, .........

3º- Mobilizar o pobo traballador galego contra esta ofensiva reaccionaria, e na defensa dos dereitos e conquistas laborais e sociais ameazadas.

4º- Disputar a hexemonía cultural e ideolóxica entre os sectores populares.

Non pasarán!

Galicia, 30 de maio de 2020

Manifesto pola constituiçom da Plataforma Antifascista Galega


Um grupo de pessoas de distintos ámbitos de Galiza, diante  da eclosom do fascismo, pensamos que som horas de tecer amplas unidades, horas de convergência antifascista, de generosidade e altura de miras.

O fascismo é a ferramenta que historicamente empregou a burguesia em momentos de profundas crises do capitalismo, para fazer frente às luitas populares.

Contrariamente ao relato oficial, no nosso país o fascismo nom finalizou com a morte na cama do ditador, que governou com mao de ferro desde o triunfo do golpe de estado do 18 de julho de 1936.

Desta urgente necessidade histórica as persoas assinantes impulsionamos a criaçom da Plataforma Antifascista Galega. Um espaço plural, inclusivo e transversal que, sem excluír ninguém, e com o denominador comum de combater o fascismo, tenta aglutinar um mosaico de forças e organizaçons políticas e sociais, e cujos objetivos som:

1º- Denunciar e alertar sobre a ameaça fascista e o seu projeto oligárquico e antipopular.

2º- Derrogar as diversas normativas que propiciam o avanço do fascismo: Lei de Amnistia, Lei mordaça, .........

3º- Movimentar o povo trabalhador galego contra esta ofensiva reacionária, e na defesa dos direitos e conquistas laborais e sociais ameaçadas.

4º- Desputar a hegemonia cultural e ideológica entre os setores populares.

Nom passarám!

Galiza, 30 de maio de 2020